16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Lourenzá converterase durante o mes de novembro na capital do teatro afeccionado de Galicia. No certame organizado polo Concello participarán 17 grupos

10-10-18

Lourenzá, 10 de outubro de 2018. Dezasete compañías ou grupos de teatro afeccionado competirán en Lourenzá por acadar o premio Conde Santo na segunda edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará no vindeiro mes de novembro. Participarán na fase de selección sete compañías da Mariña, dúas do Occidente asturiano, outras dúas da cidade de Lugo e unha de cada unha destas localidades: Chantada, Sarria, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Vigo.

Un xurado presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, será o encargado de escoller as oito finalistas, que representarán as súas obras os sábados e domingos do mes de novembro. Nun día, aínda por determinar, do mes de decembro celebrarase unha gala onde se entregarán os premios á mellor representación, aos mellores actores e actrices principais e de reparto, á mellor posta en escena e un premio especial outorgado por votación popular. Ademais todos grupos seleccionados recibirán do Concello de Lourenzá unha axuda de 300 euros pola súa participación.

Este certame de teatro, organizado pola Concellería de Cultura, está subvencionado pola Deputación Provincial dentro do Plan Único.

Manuel Arango mostrouse moi satisfeito e sorprendido pola gran acollida que tivo este II Certame de Teatro e manifestou: “despois dos recentes éxitos deportivos e da Festa da Faba, volveremos a ser un referente e un escaparate da cultura tanto en Galicia como no Occidente asturiano”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive