11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mes de outubro, mes do cancro de mama

08-10-18

Foz, 08-10-18. Como todos os anos o mes de outubro vístese de rosa para recordar o día mundial do cancro de mama, por elo, dende a Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro queremos facer público a nosa reivindicación de una data tan especial como é o 19 de outubro, día mundial do cancro de mama.
Queremos pedirlles a os veciños e visitantes que ese día 19 acudan a terceira concentración que faremos na Praza do Concello as 12:00 horas e para poder converter ese acto en un símbolo especial rogamos a tódolos asistentes leven visible una prenda color rosa.
Outro dos actos previstos é a recuperación da cea anual o próximo día 27 de outubro e que despois dun parénteses de sete anos estamos dispostos a pedir a todos un esforzo para convertelo nunha realidade con futuro a histórica cea do cancro en Foz
Para elo, estamos contando coa colaboración e organización do Hotel Leytón ademais da implicación do Concello, representado por o alcalde e o seu equipo, ACIA-Centro Comercial Aberto e un número importante de empresarios e comercios locais que tamén colaboran co seu esforzo para que este evento séa unha realidade.
Por elo, dende a delegación local da Asociación Española Contra o Cancro queremos manifestar o noso agradecemento a todos pola colaboración e o apoio mostrado con a AECC.
Pedimos a participación de todos na recuperación da cea baile que tradicionalmente se celebraba en Foz, no Hotel Leytón, porque entendemos que é un esforzo importante e un bo momento para xuntarse amigos, socios e veciños desfrutando e convertendo unha cea de amigos en un gran xesto solidario cuxos fins realmente merecen a pena.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive