16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, participaron esta tarde nos actos organizados pola Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo MentaI

10-10-18

Cervo 10-10-18. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, participaron esta tarde nos actos organizados pola Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo MentaI, ubicada na zona da Bidueira, en Cervo, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que ten lugar cada 10 de outubro.

Villares apuntou que “é unha honra compartir coas persoas usuarias, o persoal do Centro e todos os presentes a conmemoración desta data importante fixada no calendario co obxectivo de seguir a loitar pola igualdade entre persoas, por acadar unha sociedade libre de estigmas e prexuizos” Hai camiño percorrido, -engadiu- pero queda moito aínda para acadar a integración social ao 100% das persoas con algún tipo de enfermidade mental”.

O rexedor recordou que tal día como onte, o 9 de outubro de vai 5 anos, inaugurábase esta unidade residencial e tivo un recordo moi especial para Iris Castro, “que nos deixou vai facer un ano, e que puxo tanto empeño, toda a ilusión, horas e dedicación, para lograr que botase andar este centro e nesta ubicación, no noso Concello”.

Villares deulle os parabéns a todo o persoal por estes anos de traballo e dedicación co obxectivo de mellorar a calidade de vida desas persoas que padecen algún tipo de trastorno mental.

O alcalde precisou que a información é clave para “conseguir a normalización total, e rachar con certas barreiras que aínda existen baseadas, en certo modo nese descoñecemento”.

A temática deste ano do Día Mundial da Saúde Mental é moi acertada pola sociedade en constante cambio na que están a forxar a súa personalidade os máis mozos, os máis vulnerables (os xoves e a saúde mental nun mundo en transformación, é o tema). Todos os sectores implicados, as administracións tamén pola parte que nos toca, temos que centrar esforzos, para promover programas para aprender a coidar a saúde mental e traballar na prevención”

O rexedor rematou a súa intervención reiterando os parabéns a todo o equipo de traballo e ás persoas usuarias “que saibades que seguiredes contando, como ata agora, coa colaboración en todo o que precisedes, como non podería ser doutro xeito, do Concello de Cervo, a través da delegación de Servizos Sociais”, sentenciou.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive