16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello investirá 48.000 euros en obras de mellora dos muros perimetrais nos cemiterios de Ove e Ribadeo

10-10-18

Ribadeo, 10 de outubro de 2018. O Concello investirá 48.000 euros en obras de mellora nos cemiterios de Ove e Ribadeo. Os traballos consistirán na reforma dos muros perimetrais de peche dos camposantos. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o 19 de outubro. O prazo de execución será dun mes.
O concelleiro de Cemiterios, Jorge Díaz Freije, declarou que “o orzamento para estas obras é de 48.144 euros, IVE incluído. Toda a inversión será íntegra por parte do Concello de Ribadeo”.
O edil ribadense explicou que “vai ser un saneamento dos muros e da entrada de ámbolos dous cemiterios, tanto de Ribadeo como de Ove. Este acondicionamento vai en dous lotes, isto faise para favorecer un pouquiño a concorrencia. Vai un primeiro lote, que é o acondicionamento do muro e peche do cemiterio de Ribadeo e un segundo lote, que é o acondicionamento do muro e peche do cemiterio de Ove”.
Díaz Freije dixo que “os licitadores interesados nesta obra teñen ata o día 19 de outubro para presentar no Rexistro Xeral do Concello as súas proposicións a un lote ou a ámbolos dous”.
O concelleiro de Cemiterios contou que “esta actuación é algo no que levamos a traballar todo este ano e o anterior para conseguir unha partida destinada a este fin. Ademais foise traballando no acondicionamento interior, e tanto nun cemiterio como noutro está bastante ben, a día de hoxe estase mellorando moito. Faltaba un pouco o acondicionamento exterior, que nalgún caso é necesario, entón imos sanealo un pouquiño e darlle unha mao de pintura, de impermeabilizante, de lavado, etc. No cemiterio de Ribadeo tamén se vai actuar na porta do acceso principal. Esperamos que con esta inversión se dote de máis vistosidade a estes camposantos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive