11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE de Cervo censura que a nefasta xestión do Goberno do PP deixou sen executar máis de 800.000 euros en investimentos

04-10-18

Cervo, 4 de outubro de 2018.- O Secretario do PSOE en Cervo, Francisco Mon García, criticou este xoves “a nefasta xestión económica que o equipo de Goberno do PP está a realizar no Concello”. Fixo esta valoración tras aprobarse na última sesión plenaria da corporación a Conta Xeral do 2017, coa abstención do Partido Socialista.

Francisco Mon explicou que “a Conta Xeral permitiunos avaliar, medir e confirmar que o Alcalde do PP non cumpriu cos obxectivos planificados para o ano 2017, deixando sen executar máis de 800.000 euros para diferentes actuacións que estaban recollidas nos orzamentos de 2017. Trátanse de investimentos para novos abastecementos e traídas de auga, xerar novos empregos, renovar instalacións municipais e dinamizar a cultura, o deporte e o turismo do Concello. Ademais, o PSOE denuncia que durante todo o exercicio fixéronse máis de 30 modificacións de crédito “que responden as políticas de improvisacións as que nos ten acostumado o Partido Popular” subliñou Francisco Mon.

“O rexedor non debe ser consciente da realidade e do que está a suceder no seu Concello, se non non se entende como deixa estas actuacións sen realizar cando hai varias parroquias sen saneamento, familias que non poden facer uso das traídas de auga, instalacións municipais deterioradas e nun estado lamentable ou infraestruturas sen mantemento. Este é o balance negativo e continuista que están a sofre os veciños de Cervo por parte do señor Villares”.

Un Alcalde sen proxecto político
O Secretario do PSOE en Cervo destacou que “isto ven provocado por elaborar e aprobar uns orzamentos que non se corresponden con ningún tipo de plan ou proxecto que aposte por atender as necesidades dos veciños de Cervo, e que se crearon froito da improvisación e da incompetencia deste Goberno do PP”.

O PP quere sacar rédito político
“Debido a non executar partidas económicas, nin desenvolver iniciativas que demandan os cidadáns atopámonos cun remanente de máis de 3 millóns de euros. Isto ten un motivo moi claro. Entramos en época electoral e o Alcalde do PP agarda a facer obras importantes para o Concello para sacar rédito político en vez de facelas cando as demandas os seus veciños” remarcou Francisco Mon.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive