11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares destacan os preto de 2,8 millóns de euros que a Xunta investiu en Ribadeo neste 2018

03-10-18

Santiago de Compostela 3, outubro, 2018. Os populares explican que a Xunta leva investido 2.760.403,75 euros este 2018 en Ribadeo desmentindo, polo tanto, as declaracións de Suárez nas que lle reprocha ao Executivo autonómico a falta de investimentos no municipio.E é que, segundo destaca o deputado autonómico, Daniel Vega, o Executivo autonómico “realiza un importante esforzo inversor na localidade”.

Proba delo, é que aporta ao Concello de Ribadeo 425.071,26 correspondente ao Fondo de Cooperación Local; 29.618 euros do Plan Marco 2017-2018 de mellora de camiños de titularidade municipal; 584.591,1 euros dirixidos á creación de novos postos de traballo, a través dos obradoiros de emprego -288.807 euros- e outros xuvenil -154.262,4 euros-, da contratación de 10 perceptores da RISGA -98.021,7 euros- e de dous traballadores a través do programa Aprol Rural -22.500 euros–, así coo de 7 socorristas a través do programa de cooperación -21.000 euros-, entre outras actuacións.

Con estes datos “perfectamente constatables e moi clarificadores da aposta que realiza a Xunta de Galicia no municipio mariñano”, o popular lamenta as críticas realizadas polo nacionalista respecto dasactuacións que o Executivo galego achega ao municipio e, nese senso, aclara que “a Xunta seguirá investindo en Ribadeo porque ten presente ao municipio nos seus Orzamentos aínda que lle pese a Suárez”.

Por este motivo, o popular critica que o dirixente local empregase incluso“unha linguaxe tabernaria ao asegurar que a Xunta só vai a Ribadeo a misas e festas” e convídao a “recoñecer con humildade os investimentos que a administración autonómica realiza en Ribadeo”.

SAF para dependentes, turismo e outros servizos
Noutra orde de axudas, para o deputado do Grupo do PP cabe subliñar que a consellería de Política Social destine este 2018 ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para dependentes un total de 216.204,14 euros.

Asemade, a administración galega tamén inxectou este ano 2018 un total de 50.211,72 euros dirixidos, principalmente, ao Centro de Información á Muller (CIM) -29.703,78 euros divididos en dous programas-; pero tamén ao Día da Gaita e Romaría de Santa Cruz -3.000 euros-, á contratación de persoal para a Oficina de Turismo -5.200 euros- e 12.307,94 euros para a sinalización turística do Camiño do Encoro. E, en materia de prevención e extinción de incendios, a Xunta achegou ao Concello 26.273,5 euros para unha motobomba e un tractor.

O departamento de Cultura e Educación dirixiu a Ribadeo un total de 40.779,5 euros para os gastos de funcionamento dos colexio Gregorio Sanz e o do IES Dionisio Gamallo. E para a recuperación ambiental dun tramo do litoral de As Catedrais, a consellería de Medio Ambiente ten aportado 6.808,5 euros.

A consellería de Vicepresidencia, ademais do Fondo de Cooperación Local, tamén ten aportado este ano 1.902,56 á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e 1.000 euros para un desfibrilador semiautomático externo.

30.000 euros para entidades culturais e deportivas
A maiores, a Xunta de Galicia achega outros 30.000 euros en colaboración con clubs, asociación deportivas e culturais. É o caso das achegas que recibe o Real Club Náutico, o motoclubAlcorte; as festas de San Roque de Ribadeo e de todas as parroquias ou colectivos culturais coma Illa Pancha, Amigos da Gaita e a Coral Polifónica, entre outros.

Recentemente, a administración autonómica aprobaba tamén o investimento de arredor dun millón de euros na reparación dun tramo de 11,5 km da estrada Reme – Vilamar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive