16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas denuncian “abandono” da Xunta diante da “caída libre” no emprego do sector pesqueiro

04-10-18

Santiago de Compostela, 04 de outubro de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, denunciou hoxe o “abandono” da Xunta diante da “caída libre” rexistrada no emprego do sector pesqueiro. Toja presentou unha pregunta oral en Comisión para esixir “medidas concretas e calendarizadas, recursos e execución” para recuperar un sector fundamental para a economía galega.

A responsable socialista acusou á Xunta de “mirar para outro lado” e deixar sen executar os investimentos da Consellería de Pesca, que achaca a situación a “un problema demográfico” mentres o sector “esmorece”. Toja lembrou que en 2017 só executaron o 37 por cento do programa de Competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura, e no primeiro semestre de 2018 só gastaron o 12 por cento.

Toja acusou ao goberno galego de ter reducido as axudas para xóvenes pescadores dende os 500.000 euros de 2017 aos 315.000 orzamentados neste ano, así comio as de formación, que pasaron de 800.000 a 435.000, as de saúde e seguridade diminuíron de 900.000 a 335.000 e os investimentos a bordo e eficiencia enerxética pasaron de 1,3 millóns a 248.000 euros.

Lamenta que o PP “fai moito tempo que abandonou ao sector” e reclamoulles que “poñan un pouco as pilas, tómense en serio esta cuestión, deixen de aparentar que lles importa o sector e fagan nus orzamentos que permitan recuperar os niveis de emprego no mar”. Sinalou que das 23.800 persoas ocupadas no mar en 2009 só quedan 14.200, 10.000 persoas menos en nove anos e “máis de 1.000 ocupados e ocupadas menos cada ano”.

Desatención

Toja presentou tamén unha pregunta oral na que sinalou o “enfado” do sector diante do “abandono” do goberno galego logo da redución da cota da pescada nun 60 por cento, logo de que a Xunta fixera caso omiso das súas peticións dun encontro para poder establecer axudas á paralización. A Xunta, dixo, negouse a solicitar as axudas europeas que lle pedía o sector, unhas axudas que outras comunidades como Andalucía acaban de convocar.

A responsable socialista acusou á Consellería de Pesca de deixar á súa Dirección Xeral sen persoal durante os meses de verán, provocando “o deterioro do servizo recibido como consecuencia da non cobertura do persoal de vacacións”.

“Non quedou xente practicamente nin para coller o teléfono”, resumiu Toja, para explicar as dificultades provocadas por unha ausencia que “provocou dificultades na expedición de licencias e cambios de modalidade, así como a imposibilidade de falar con algún responsable ante calquera incidente”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive