16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Trabada ofrece a maiores e dependentes un pioneiro servizo de transporte diario

10-10-18

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentaron este mércores o pioneiro servizo de transporte público que o Concello, con axuda da Deputación, ofrece a todos os maiores e dependentes deste municipio. Por primeira vez, os trabadenses de máis de 65 anos, con limitacións en canto a súa mobilidade, que vivan sos ou enfermos crónicos terán a súa disposición un servizo de transporte municipal diario, que os recollerá nos seus domicilios, os trasladará ao núcleo urbano a facer as xestións cotiás que requiran (dende ir ao centro de saúde, farmacia, banco, supermercado, Consistorio…) e os volverá a levar aos seus fogares.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive