20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

50 familias do rural de Muras dispoñen de novos accesos e iluminación grazas a unha inversión de 175.000 euros

08-11-18

Lugo, 9 de novembro de 2018. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Deputado pola comarca da Terra Cha, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Alcalde e Tenente Alcalde de Muras, Manuel Requejo e Mario Rouco respectivamente, supervisaron o resultado das melloras en accesos e sistemas de iluminación públicos executadas grazas ao investimento da Deputación de 175.000 euros. Son, no seu conxunto, actuacións das que se benefician unhas 50 familias de núcleos rurais deste municipio, que desfrutan xa de novos servizos públicos.

As obras realizáronse nun total de 35 núcleos de 5 parroquias. Estas son: O Viveiró: Rebordelos, Aborbo; Muras: Santar, O Porto Novo, Cuíñas de Abaixo, As Cuiñas, Suaschousas, Debodas, Muras, Parapar, Baxin, A Carballosa, O Pico Verde, Rego da Parede, Picheira de Musdradas, Santar de Riba, A Rúa, A Casavella, O Castro, Urban; Burgo: Carregal, Armada, Armada de Abaixo, A Casanova, Cal do Baño, Seilán; A Balsa: Aguillal, Cotelo, Cabana; Irixoá: Sabucedo, O Pico, Samil, Xuncal; e Ambosores: Ameixeiras e Mouriscón.

O Deputado pola Terra Cha destacou que “unha vez máis, dende o Goberno da Deputación amosamos o noso compromiso coa mellora dos servizos públicos que ofrecemos aos nosos veciños, e que non é un slogan, senón que se demostra con feitos e investimentos. Facémolo dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural, pois entendemos que a nosa finalidade é a de mellorar a calidade de vida dos veciños da nosa provincia”.

Melloras executadas
A través do orzamento de 175.000 euros da Deputación rehabilitáronse ducias de accesos rurais coa mellora do firme con rego asfáltico, que permite mellorara a seguridade destes accesos, ao tempo que evita a acumulación de barro durante as choivas. Ademais, tamén se executaron melloras en sistemas de iluminación públicas, dotando a ducias de núcleos de novos sistemas de iluminación led que ademais de ser máis respectuoso co medio ambiente, axuda a reducir a factura da luz ao Concello.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive