20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A CIG-Ensino apoia á ANPA e á comunidade educativa do CEIP Virxe do Carme de Burela nas accións para acadar a reparación e reforma do CEIP burelés, dado o deficiente estado do centro

08-11-18

A Mariña 8-11-18. A CIG-Ensino apoia á ANPA e á comunidade educativa do CEIP Virxe do Carme de Burela nas accións para acadar a reparación e reforma do CEIP burelés, dado o deficiente estado do centro.
Asimesmo a CIG denuncia o desleixo da Consellaría de Educación que levou a que o CEIP Virxe do Carme sufrira inundacións nas aulas de infantil esta mesma semana, pero recordamos que esta situación se produce pola falta de inversión durante anos por parte da institución responsable das mesmas: A Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Como consecuencia da falta de inversións as instalacións do CEIP Virxe do Carme padecen múltiples eivas: o centro dispón de diferentes edificios que non están unidos por pasarelas cubertas, de modo que alumnado e profesorado está sometido ás inclemencias meteorolóxicas cada vez que cambian de edificio; o centro tampouco dispón de acceso para persoas discapacitadas, cun gran número de barreiras arquitectónicas, que impedirían mesmo a entrada de servizos de emerxencias en caso de ser necesario; as fiestras e os illamentos non cumpren a función e permiten o paso de auga de chuvia; os tubos e condutos de desaugue están deteriorados e filtran auga, pero o máis grave é que son de fibrocemento cos conseguintes riscos que isto implica.
Instamos á Consellaría de Educación a realizar de modo inminente as actuacións necesarias para a reforma integral do CEIP Virxe do Carme, ou mesmo á construción dunhas novas instalacións, e garantir así o dereito do profesorado e da rapazada a impartir e recibir aulas nun centro seguro, digno e funcional.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive