20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

ACISA e o Ribadeo FC asinaron un convenio de colaboración que lles permitirá aos asociados obter prezos especiais para publicitarse no campo de fútbol municipal Pepe Barrera

08-11-18

Ribadeo, 8 de novembro de 2018. O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e a presidenta do Ribadeo FC, Ana Vázquez, asinaron un convenio de colaboración nas últimas horas que lles permitirá aos asociados obter prezos especiais para publicitarse no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.
Desde a directiva de Acisa consideran “positivo que grazas a este convenio os nosos socios e socias terán unhas condicións moi vantaxosas para algo tan importante como é a publicidade, nun lugar como o campo de fútbol polo que pasa moita xente de Ribadeo e de fora da localidade ao longo de todo o ano nos partidos que alí se disputan, torneos e campionatos”.
E engaden que “tamén estamos moi satisfeitos de poder subscribir convenios con outras entidades de Ribadeo como clubs ou asociacións, que redunden en beneficio dos nosos asociados e asociadas, á vez que amosan diversas sinerxias entre asociacións, con accións positivas para ambas”.
 

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive