20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comunicado do colectivo MODEPEN

07-11-18

Ribadeo 7-11-18. Para crarexar algúns comentarios que temos escoitados nos días pasados vemonos na obriga de dar a seguinte nota informativa:
1.- O colectivo MODEPEN defende a tódolas persoas pensionistas e xubiladas sen nengún tipo de discriminación. Querse dicer que tanto ten que a persoa xubilada teña traballado no campo, no mar, no comercio, na industria ou en calquer outra actividade laboral ao longo da sua vida. Dende o noso ponto de vista tódalas persoas merecen unha pensión digna ao chegar á edade de xubilación.
2.- Como todo o mundo sabe hai persoas que traballaron en diversas actividades e as empresas non cotizaron por elas ou cotizaron por menos tempo do que verdadeiramente se exerceu o traballo (horas, días, meses ou anos). Esto sucedía a cotío hai anos e volve suceder agora tralas reformas da lexislación laboral promovidas polos gobernos do Partido Popular. Como tamén é amplamente coñecido que estes gobernos estiveron desviando millons de euros dos fondos da Seguridade Social para pasalos a bancos, empresas favorecidas etc. Cando o PP ganou as eleccións xerais o 20 de novembro de 2011 o Fondo de Pensións da Seguridade Social tiña 66.815 millons de euros. Nos anos anteriores dende o 2000 foise incrementando progresivamente sen que nengún gobernó retirase nengunha cantidade. Durante eses 11 anos o Fondo incrementouse por término medio mais de 6.000 millons de euros por ano, sendo o ano de maior crecemento o 2008 con 9520 millons en aportacións e 1987 millons de rendimentos do capital. A lei permitía retirar ata un 3% do fondo de pensións en caso de crisis pero nengún goberno fixo uso dese 3 %. Ata que chegou Rajoy ao goberno de España. A partir de 2012, previa reforma por decreto ley, os gobernos do PP foron retirando cartos deste fondo ate deixarlo en 8095 millons de euros en 2017, ou sexa a unha media de cáseque 6000 millons de euros por ano. Como todo o mundo sabe a fontanería fiñanceira dos gobernos pasa por diversas tuberías e o caso é que os cartos saen dun punto e acaban nos bancos e nas grandes empresas. Ese é o problema. O grupo MODEPEN xa ten anunciado repetidamente que non depende de ningún grupo político en concreto e que calquer persoa pode participar e ninguén lle vai preguntar cales son as suas ideas políticas, pero eso non quer dcir que séxamos tontos e os números están ahí para quen os queira ver. Esto polo que se refire ás pensións contributivas. As non contributivas proceden dos presupostos xerais do estado no momento actual.
3.- En resumen o noso colectivo defende que tódalas pensións (contributivas e non contributivas) teñan uns mínimos que permitan vivir con dighnidade ás persoas maiores, que os incrementos anuais sexan como mínimo equivalentes á alza do IPC e que as pensións mais baixas teñan incrementos maiores entre outras reivindicacións nas que non imos entrar aquí, para non alongarnos.
4.- Para rematar, o movemento de pensionistas para conquerir resultados necesita que a xente se movilice e participe, que acudan as concentracions e que haxa un sentido de unidade e solidariedade para presionar aos gobernos, aos bancos, as fiñancieras e aos lobbies a repartir a tarta dos beneficios con sentido de xustiza e equidade.

¡GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS DEFENDESE¡

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive