20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este fin de semana terán lugar en Burela a inauguración dunha exposición de pintura, unha representación teatral e unha nova sesión de cine infantil

08-11-18

Burela, 8 de novembro de 2018. Este fin de semana terán lugar en Burela a inauguración dunha exposición de pintura, unha representación teatral e unha nova sesión de cine infantil.
A axenda cultural de Burela para a fin de semana arrinca mañá, venres, coa inauguración dunha exposición do pintor, afincado en Burela, César Maseda. Esta mostra, titulada Iconos, estará na Sala de Arte da Casa da Cultura ata o día 30 de novembro. O horario de visitas será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Ao acto de inauguración, que se celebrará mañá ás 20:00 horas, asistirán o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Este sábado, 10 de novembro, o grupo de teatro Lume Escénico de A Pontenova presentará Hotel Rosamar. A representación será ás 20:30 horas e inclúese no programa Buxiganga de Teatro Afeccionado, promovido pola Deputación de Lugo. A obra é para maiores de 12 anos e a entrada será de balde.
E a axenda da fin de semana complétase cunha nova sesión de cine infantil o domingo, 11 de novembro, ás 18:30 horas na Casa da Cultura.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive