20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este sábado, 10 de novembro, celebrarase en O Vicedo o oitavo e último sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros desde o pasado mes de setembro

08-11-18

A Mariña, 8 de novembro de 2018. Este sábado, 10 de novembro, celebrarase en O Vicedo o oitavo e último sorteo da campaña da Federación de Comercio A Mariña que está a repartir máis de 10.000 euros desde o pasado mes de setembro. Será na Casa da Cultura a partir das 19:00 horas.
As persoas interesadas en participar nesta importante campaña da FCAM deben gardar os tíckets de compra nos establecementos asociados e entrarán no sorteo de 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos da Asociación de Comerciantes de O Vicedo.
Este sábado en horario de 16:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura poderase realizar o canxe dos tíckets polas papeletas que lle permitirán á clientela do comercio mariñá participar no devandito sorteo, que será presencial. O sorteo dará comezo ás sete da tarde na Casa da Cultura.
En Viveiro, en Covas, en Burela, en Ribadeo, en Foz, en Lourenzá e en Xove xa se sortearon en total 10.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Casco Histórico, a Beiras de Viveiro, á Asociación de Comerciantes de Burela, a Acisa Ribadeo, ao Centro Comercial Aberto de Foz, á Acial de Lourenzá e á Aciam de Xove.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive