20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Municipal Popular de Burela presentará unha moción para instar a Fomento a mellorar a sinalización de Burela e o Hospital da Mariña na A-8 e na N-642

07-11-18

Burela, a 7 de novembro de 2018.- O presidente da xestora do PP burelés, Manuel Rouco, anunciou hoxe que o Grupo Municipal Popular de Burela presentará unha moción para que o pleno da corporación municipal burelesa “inste ao Ministerio de Fomento a que mellore e adecúe a sinalización tanto de Burela coma do Hospital da Mariña” atendendo a “unha reivindicación dos veciños e veciñas da vila que se achegaron a nós nas diferentes visitas polos diversos barrios de Burela”.
Rouco asegura que “é perfectamente factible esta mellora tanto na A-8 coma na N-642” porque “a sinalización relativa ao Hospital da Mariña na A-8 é deficiente cando o centro sanitario está a pouco máis de quince quilómetros desde a saída da Espiñeira e, aínda que mellora na N-642, aínda pode ser mellor”.
No que respecta á sinalización do propio municipio de Burela, Manuel Rouco afirma que, segundo a normativa, a súa distancia coa A-8 permite mellorar a sinalización e, igualmente, as indicacións na N-642 ás veces non son suficientemente claras”.
Aportación da Xunta para a sinalización da Ruta Circular
O presidente da xestora do PP burelés valorou positivamente a aportación de 6.200 euros da Xunta de Galicia para a sinalización da denominada “Ruta Circular” que unirá os principais atractivos turísticos que ten o concello. A axuda representa o 65% do presuposto total da actuación que consiste na creación e subministro de postes e paneis informativos sobre esta ruta de sendeirismo.
Rouco destacou que “esta non é a primeira subvención da Xunta para o desenvolvemento turístico de Burela. Non hai moito, a Xunta tamén outorgou unha importante subvención para a mellora dos aparcadoiros da praia de A Marosa”.
Así mesmo, asegurou que “é lamentable que o alcalde silencie as aportacións da Xunta ao concello de Burela, o que significa privar á cidadanía da información precisa de quen aporta os cartos e para que. Falta a primeira vez que recoñeza e valore tales aportacións que se debe considerar coma unha falta absoluta de respecto institucional”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive