20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os populares de Burela acusan a Fernández Rey de “indecente” por criticar ao PP “para tapar a súa deixadez no cemiterio municipal”

06-11-18

Burela, a 6 de novembro de 2018.- “O Sr. Fernández Rey debería ser máis comedido nas súas manifestacións e máis traballador e cumpridor coa cidadanía no que lle afecta como concelleiro; xa que non se pode negar o mal estado do cemiterio municipal e, polo tanto, a súa deixadez como concelleiro de Obras e Servizos”, manifestaron hoxe desde o Grupo Municipal Popular de Burela a raíz das declaración do concelleiro de Obras e primeiro tenente de alcalde.
Para os populares “é unha indecencia que o concelleiro critique ao PP para respostar ás nosas denuncias e tapar a súa deixadez, cando o que ten que facer é traballar e preocuparse por cumprir de forma decente coa cidadanía. El sabe perfectamente que non lle van con queixas porque é incapaz, igual que o alcalde, de resolver ningún problema. A resposta máis usual no Sr. Fernández Rey é dicir que tal ou cal non é cousa súa ou que xa vén da etapa anterior. Insistimos que a nós dirixíronse non dous nin tres veciños para darnos as queixas e o Sr. Fernández Rey debería, se se considera responsable, actuar e corrixir as deficiencias, aínda que é moi posible que non pase outra festividade de Santos como concelleiro de Obras”, manifestan.

Desde o Grupo Municipal Popular aseguran que “o certo é que o cemiterio municipal non estivo en condicións estes días e que non resiste a proba do algodón co cemiterio parroquial. E iso debería facerlle reflexionar ao Sr. Fernández Rey. A quen, como se ve, é de aplicación o refrán castelán de ‘o que se pica, é que allos come’”.

Problemas na EDAR
Os populares de Burela tamén lamentan que “o Sr. Fernández Rey culpe aos veciños e veciñas polos problemas de desbordamentos que sofre a EDAR cada vez que chove”. A este respecto, lémbranlle que “é responsabilidade súa manter as instalacións en condicións. Pero, ante a súa falta de xestión, será a Xunta a que actúe achegando 776.000 euros para a súa mellora no 2019 e 9 millóns de euros en total”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive