20 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ramiro Fernández asegura que o cemiterio municipal de Burela está mellor atendido que nunca e subliña que o Concello realiza o mantemento semanal desas instalacións

05-11-18

Burela, 5 de novembro de 2018. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, asegura que o cemiterio municipal de Burela está mellor atendido que nunca e subliña que o Concello realiza o mantemento semanal desas instalacións. Deste xeito responde ás críticas vertidas desde o seo do PP.
Ramiro Fernández dixo: “demóstrase que o Partido Popular de Burela evidentemente atópase totalmente desnortado, cunha falta de liderado importantísima e non saben moi ben a onde dispara. Dicimos isto despois dunha nota de prensa na que critican o estado do cemiterio municipal, que está mellor atendido que nunca. Non é que se faga mantemento só para as xornadas de Defuntos, que era o que se facía cando estaba gobernando o Partido Popular, senón que agora faise un mantemento por parte do Concello todas as semanas e refórzase para o Día de Defuntos, porque mandamos alí tanto á brigada de obras como a de xardinería para ter o cemiterio nas mellores condicións posibles”.
O edil burelés manifestou que “non entendemos esas críticas do PP, porque no Concello ningún veciño veu dar queixas polo estado do cemiterio, co cal se demostra claramente que o Partido Popular o único que fai é criticar por criticar, de forma desapiadada, con tal de intentar desgastar a este equipo de goberno. Pero os feitos son os feitos e estase cumprindo perfectamente con absolutamente todas as obrigas que ten o Concello no cemiterio”.
Fernández Rey engadiu: “recomendámoslle ao Partido Popular que faga unha crítica construtiva, que aporte algo aos veciños de Burela. E que cambien esa liña de crítica destrutiva que non leva a ningún lado nin ao equipo de goberno nin ao PP. Entendemos que os veciños de Burela necesitan unha oposición forte e con criterio, pero está demostrado que o Partido Popular nestes momentos, debido a esa falta de liderado que teñen, non está en situación de facer crítica ao equipo de goberno”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive