19 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

1 punto crucial para reforzar a imbatibilidade laranxa e aferrarse ao liderado de inverno

22-12-18

2018-12-22_FCB B futsal vs PESCADOS RUBEN_VICTOR

Burela 22-118. O Pescados Rubén Burela FS pechou esta tarde a primeira volta de Segunda LNFS na complicada pista do FC Barcelona B cun meritorio empate (2-2). Un punto crucial que reforza a imbatibilidade dos de Juanma Marrube na despedida de 2018, ademais de aferrarse ao liderado de inverno.

Os mariñáns clausuraron o ano sendo fieis á súa esencia nunha cita dura e bonita. Pope adiantou os laranxas no minuto 8 en transición rápida. Tres minutos despois os locais igualaron a contenda da mesma forma, nas zapatillas de Juan José. Renato devolveu a vantaxe burelista, no 16, de córner, para chegar ao descanso con 1-2.

Os pupilos volveron á pista con numerosas ocasións para matar o partido pero a fortuna deulle as costas esta tarde á súa finalización. Con máis de dous minutos para o final, os cataláns apostaron por xogo de cinco e no 39 puxeron táboas, de novo con Juan José.

O Pescados Rubén di adeus a 2018 con 35 puntos e á espera do que do resultado do segundo, Real Betis Futsal (32), na pista de Gran Canaria. O estreo de 2019 será a domicilio, o 12 de xaneiro, precisamente ante os isleños, a domicilio.

Ficha técnica

FC Barcelona B: S. Sahuquillo, Daniel, Roberto, Nil, Povill cinco inicial; tamén xogaron A. Lluch, Hugo Alonso, Pau R., Khalid, J. Sancho, Juan Fran, Juan José

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Juanfran, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Pitero, Porto, Renato, Luisma, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 8, Pope; 1-1, minuto 11, Juan José; 1-2, minuto 16, Renato; 2-2, minuto 39, Juan José

Árbitros: Ontañón Ramos // Otamendi Lascarro (Castilla e León e Navarra). Por Barcelona amarela a Daniel, Roberto. Por Burela amarela a Pope, Renato, Luisma, Matamoros

Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Segunda LNFS disputado na Cidade Deportiva Joan Gamper

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive