19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“A galiña azul”, teatro para os pícar@s en Burela

05-12-18

Burela 5-12-18. A Delegación Municipal de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, presenta a Cía.Tanxarina coa obra “A GALIÑA AZUL”.
A obra esta recomendada para público familiar, e terá un prezo de 3 euros. Será representada o vindeiro sábado,8 de decembro ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.
“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.Unha galiña moi bonita e moi raras pon ovos de cores!!. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupados as autoridades.
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que se empregan diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo actoral, música e cancións.

Ficha artística:

Elenco:
-Miguel Borines Fernández.
-Andrés Giráldez Río.
-Eduardo R. Cunha “Tatán”.

Escenografía e creación de Bonecos. P.Pastor-Tanxariña.
Música. Francisco Martínez Barreiro.

Texto orixinal: Carlos Casares.

Adaptación e dirección :Candido Pazó.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive