19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A XII Feira de Artesanía e Antigüidades cuadruplicará a poboación da Pontenova durante 4 días

06-12-18

Lugo, 6 de decembro de 2018. O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos, participou na inauguración da XII Feira de Artesanía e Antigüidades que se ubica na Praza dos Fornos. Alí destacou que “esta cita, xa consolidada, multiplica case por catro a poboación do municipio en só catro días. Dos 2.300 veciños, A Pontenova pasará a ter durante o evento 8.000 persoas”.

Campos Conde, ao fío do volume de persoas que se achegan estes día á Pontenova, subliñou que, “a esta cita acoden afeccionados de toda Galicia, España e de países veciños como Francia ou Portugal. Moitos dos que se achegarán estes días ata a Praza dos Fornos son persoas que teñen marcada esta cita no seu calendario, como o último evento do ano destas características na provincia. Ademais, a feira convértese nun impulso turístico para a provincia, debido a que os visitantes aproveitan para coñecer o municipio”.

Sábado e domingo
Como actividade complementaria, e vencellada á temática das antigüidades, o sábado abrirá a III Xuntanza de vespas, motos e coches clásicos. A mostra, organizada polo Club Vespafaba & Clásico Lourenzá, poderase ver ata o domingo na Praza dos Fornos. O colectivo realizará ademais varias rutas cos vehículos pola zona.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive