19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comezaron as obras para mellorar a estrada de Cabanas, na parroquia focense de Nois

05-12-18

Foz, 5 de decembro de 2018. As obras para mellorar a estrada de Cabanas, na parroquia focense de Nois, comezaron e foron visitadas hoxe polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, e representantes veciñais. Esta actuación conta cun investimento de 48.000 euros, dos que 40.000 son aportados pola Xunta e os outros 8.000 proceden de fondos municipais.
“Hoxe representantes do equipo de goberno do Concello de Foz e das asociacións de veciños de Nois visitamos as obras de aglomerado en quente que se están facendo na estrada de acceso ao núcleo de Cabanas. Era unha obra necesaria posto que o estado da vía non era bo e é un acceso moi importante porque une a Nacional 642 ao seu paso por Nois e a estrada da Deputación que vai desde Fazouro ata Cordido. É unha vía moi usada polos veciños de Nois”, explicou Javier Castiñeira.
O rexedor municipal focense engadiu que esta obra “faise con fondos da Xunta de Galicia, concretamente de Agader, que achega 40.000 euros, máis un suplemento que fai o Concello de Foz con fondos propios. Esta obra está dentro do plan do Concello para o arranxo de vías municipais, no que se investiron fondos propios, da Xunta e da Deputación para que neste ano 2018 se melloren todas aquelas vías, especialmente nas zonas rurais, que se atopaban en mal estado. Hai que recordar que recentemente se fixeron aglomerados en quente en San Acisclo, en Vilaronte, en Cangas e seguirán no resto das parroquias”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive