19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Eva Pita Recalde foi a gañadora dos 300 euros en vales de compra do cuarto e último sorteo do Campañazo de novembro

06-12-18

Foz, 6 de decembro de 2018. Eva Pita Recalde foi a gañadora dos 300 euros en vales de compra do cuarto e último sorteo do Campañazo de novembro, que organizou o Centro Comercial Aberto de Foz e que tivo lugar o pasado venres, 30 de novembro. A entrega do premio celebrouse nas últimas horas na cafetería Happy Days, que foi o local desde o que Eva Pita seguiu o Campañazo. No acto participaron representantes deste negocio e tamén o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo.
Oito persoas máis repartíronse os outros 300 euros deste sorteo, o último do mes de novembro de 2018.
O Centro Comercial Aberto de Foz destinou a esta nova edición do Campañazo 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive