Foz 10-12-18. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A parroquia de Nois conta con numerosos Kms de rede viaria, así mesmo con bastantes deficiencias. Na última reunión que mantivemos con veciños desta parroquia así no lo fixeron constar, e fomos visitar varias estradas. Unha delas é a estrada que sube dende o barrio do apeadeiro de Nois hacia o barrio de Carpacide que une coa estrada da Deputación LU-P-2007. Esta estrada dispón dun importante volume de tráfico e entre o seu mal estado e falla de limpeza das cunetas fai que sexa unha vía mais estreita tamén. É necesaria unha importante inversión para mellorar o paso de vehículos de todos os veciños que por alí transitan. (Axuntamos fotos)
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a proceda a facer unha reparación integral con aglomerado e limpeza de cunetas da estrada que sube dende o barrio do apeadeiro ata o barrio de Carpacide na parroquia de Nois.