19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Manuel Rouco pídelle ao alcalde que “corrixa a sinalización horizontal dos aparcamentos en batería na Rúa Rafael Vior para evitar problemas de tráfico no entorno do Hospital”

05-12-18

Burela, a 5 de decembro de 2018.- O presidente do PP burelés, Manuel Rouco, pídelle ao alcalde, Alfredo Llano, que “corrixa de inmediato a sinalización horizontal dos aparcamentos en batería na rúa Rafael Vior porque a actual non se corresponde en absoluto coa redefinición do tráfico fixado coa posta en marcha da ampliación do Hospital. Ademais, podería incumprir o Código de Tráfico e Seguridade Vial, concretamente co seu artigo 39.3 que fai referencia ás condicións relativas á parada e estacionamento”.
Rouco asegurou que “onte, martes, o tráfico foi caótico nesa rúa precisamente pola sinalización horizontal dos aparcamentos en batería, que obriga aos que entran dende a rúa dos institutos a meterse de fronte cara a praza de aparcamento e, consecuentemente, a saír a cegas da mesma. Mesmo tiveron que acudir membros da Policía Municipal para ordenar o tráfico en certos momentos polo caos que se producía con estas prazas de aparcamento que están mal orientadas. Concretamente son 54, todas en Rafael Vior”.
Para o presidente do PP burelés, “o despropósito do alcalde, o Sr. Alfredo Llano, e do concelleiro de obras, o Sr. Ramiro Fernández, non deixa de asombrarnos. É realmente lamentable que o Concello, por non facer as cousas como é debido, entorpeza o tráfico no entorno máis próximo do hospital, como se o fixese con idea preconcibida. Non nos sorprendería que así fose, porque o alcalde e os socialistas reiteraron en moitas ocasións que o Hospital nunca se ampliaría e que o aparcamento sería de pago. Agora que ven que o hospital se amplía, que a zona ampliada entra en funcionamento, e que o aparcamento se abre de xeito gratuíto, entorpecen o tráfico coa sinalización horizontal”.
Manuel Rouco solicítalle ao alcalde que “tome as medidas oportunas para que este asunto se solucione co fin xa non de darlle fluidez ao tráfico, senón de evitar accidentes que poderían producirse de persistir no tempo a sinalización horizontal actual”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive