Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra. O concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.