19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Mondoñedo agasalla esta ponte aos que se aloxen na localidade co uso gratuíto da audioguía Merlín e familia

05-12-18

Mondoñedo, 5 de decembro de 2018.- O Concello de Mondoñedo agasalla aos visitantes que esta ponte se achegan á localidade, de maneira que os turistas que se aloxen en calquera establecemento local poderán desfrutar de balde das audioguías ficcionadas ‘Merlín e familia. Un paseo emocionante polo Mondoñedo de Cunqueiro.’

Estas audioguías, realizadas por la Compañía de Teatro Chévere e financiadas pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e o Concello de Mondoñedo, teñen unha duración de 45 minutos e propoñen un percorrido da mesma duración desde a Oficina de Turismo de Mondoñedo ata o cemiterio Vello guiados por “Rula” que, xunto cos mindonienses, nos debuxan o escenario dunha cidade entrañable e máxica, o Mondoñedo de Cunqueiro.

As persoas aloxadas nos esteblecemento locais poden recoller as audioguías na Oficina de Turismo municipal. Os hoteleiros informan á oficina do nome do visitante e os visitantes terán que ir recollelas á oficina. O préstamo é de hora e media en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas. As audioguías son gratis todo o ano para os mindonienses.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive