19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Popular avoga por seguir na senda da unidade diante do conflito existente coa empresa Alcoa

04-12-18

Santiago, 4 de decembro de 2018. A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, avogou hoxe no Parlamento por “seguir na senda da unidade” diante do conflito existente coa empresa Alcoa, porque “da a sensación que hai grupos parlamentarios que se empeñan en facer loita partidista e tensar a situación ata romper a unidade simplemente por oportunismo político”.

Marta Nóvoa lembrou “a unidade que conseguimos desde o principio do conflito no mes de outubro, que se viu reflexada no acordo entre dúas comunidades autónomas; por riba de cores políticas; entre administracións e traballadores; e incluso desde a Unión Europea, tanto do Executivo comunitario como dos diferentes grupos europarlamentarios”. “En definitiva, este esforzo de consenso entre todos os protagonistas acadou un nivel poucas veces visto con anterioridade”, indicou.

“A prioridade de todos debe ser o mantemento do emprego e entendemos que a situación de incerteza que pervive entre os traballadores”, sinalou a portavoz popular. Neste sentido, afirmou que a Xunta “segue loitando polo diálogo” e salientou “a decisión dos traballadores de sentarse na mesa de negociación, demostrando o seu sentido da responsabilidade ao entender que só a través do consenso e de propostas construtivas se poden encontrar solucións”.

Nóvoa lembrou que, desde o pasado 22 de outubro, cando a empresa Alcoa anunciou o peche das plantas de A Coruña e Avilés, o Parlamento galego ten aprobado catro proposicións de lei (unha a iniciativa de cada grupo parlametnario) e unha declaración institucional demandando, entre outras cuestións, a retirada do ERE e o mantemento do emprego.

“O que semella é que a oposición prefire unha migalla de rédito político que solucionar o problema e utilizar un problema grave como o peche de Alcoa para falar de intervencións de empresas ou dunha imposible tarifa eléctrica galega, branqueando propostas fracasadas tanto do BNG como de En Marea”, manifestou.

Neste sentido, engadiu que o BNG “parte da premisa de que Galicia é excedentaria de enerxía para xustificar a tarifa galega, pero saben que o somos pola enerxía xerada nas nosas centrais térmicas”. “Tamén saben que se pechan, segundo os plans do Goberno socialista de Pedro Sánchez, teremos que importar enerxía, e por tanto segundo a súa teoría de tarifa galega teríamos que págala máis cara, polo que desde o Grupo Popular non estamos dispostos a negociar malos acordos para os galegos”, dixo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive