19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSdeG-PSOE de Foz felicítase do gran impulso do Ministerio de Fomento ao tramo Barreiros-Foz da Autovía da Mariña

06-12-18

Foz 05-12-2018. O PSOE de Foz felicítase do compromiso do Ministerio de Fomento coa Comarca da Mariña e con Foz desde que entrou no Executivo o novo goberno socialista, rescatando un proxecto que agardaba esquecido nos caixóns.

É un gran avance para Foz e para toda a comarca que se inicie a tan agardada Autovía da Mariña, catro carrís que permitirán vertebrar as poboacións e impulsar enormemente a actividade económica –indica Fran Cajoto, candidato á alcaldía-. Despois do impulso no arranxo do firme na Estrada da Costa, o Ministerio sigue apostando pola Comarca e por Foz, é un investimento moi forte que non podemos menos que celebrar.

O tramo que sae a información pública discorre desde Barreiros (enlace coa Autovía do Cantábrico) ata o Enlace de Foz coa estrada N-642, no entorno da antiga fábrica de Pardiñas. O Ministerio aposta por unha plataforma de autovía, con dous carrís por sentido separados por unha mediana de 5 metros, o que permite soportar unha intensidade de tráfico maior que o Corredor autonómico, aumentando a seguridade vial.

Desde o PSOE local estamos analizando pormenorizadamente o Proxecto redactado, de forma que se garanta a menor afección posible aos veciños. Podemos anunciar – indica Fran Cajoto – que o PSOE de Foz vai presentar alegacións para que se mellore o Enlace do Carme, facéndoo máis amable co entorno e que se inclúan as saídas dirección Viveiro, que beneficiarían enormemente aos veciños das parroquias do interior. Tamén estudaremos o Enlace de Foz por si é posible dotalo de maior capacidade de tráfico na subida á Autovía. Que non quede ningunha dubida a ninguén de que o PSOE de Foz sempre estará na defensa dos seus veciños e veciñas.- remata o candidato socialista.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive