19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Reductores de velocidade en San Lázaro

05-12-18

Viveiro, 5 de decembro de 2018. Con respecto á información recollida nos medios de comunicación sobre a petición da veciñanza de San Lázaro para instalar un redutor de velocidade na recta, quero explicar que foi este concello quen, no seu momento, solicitou á Axencia Galega de Infraestruturas a adopción das medidas técnicas necesarias para solventar a alta siniestralidade da zona, enviando, incluso, un informe técnico emitido pola Policía Local no que se analizaba a situación e se realizaban diversas propostas para mellorar a seguridade da zona.
Aproveitando a execucións destas medidas realizáronse en San Lázaro actuacións de mantemento, limpeza, pintado, etc., pero cómpre deixar claro que o fin principal destas obras é a seguridade.
Neste sentido, quero explicar que a próxima semana está previsto executar unhas bandas transversais de alerta previas a esa recta (entorno ao pk 00+60 na marxe esquerda) e ao final desa estrada en torno ao pk 01+700 (marxe dereita).
As bandas que se van colocar son uns dispositivos modificadores da superficie de rodadura da calzada, cuxo obxectivo é transmitir ao condutor a necesidade de extremar a precaución a un tramo no que existe un risco vial. Estes dispositivos van combinados con sinais verticais.

A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive