19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Servizo de recollida de enseres do Concello de Viveiro

05-12-18

Viveiro, 5 de outubro de 2018. O concello presta un servizo de recollida de enseres co fin de facilitar á veciñanza o transporte de material ao punto limpo. Para facer uso deste servizo, os veciños deben chamar previamente ao concello facilitando os seus datos e explicando qué van tirar; pola súa parte, dende o concello indícaselles o día que deben sacar á rúa os trastos para a súa recollida por parte de operarios municipais.
Esta recollida realízase os mércores; hoxe, como vén sendo habitual, os empregados municipais tiveron que recoller numerosos enseres depositados na rúa sen previo aviso. Esta actitude prexudica aos veciños que cumpren co servizo, que chaman e agardan á data que corresponde para tirar estes enseres; moitas veces, é imposible recoller nunha mesma xornada os avisos programados e mais todos aqueles enseres que os veciños tiran sen telo comunicado previamente.
Dende o concello faise unha chamamento público á veciñanza para que actúen con responsabilidade e deixen de sucederse, dunha vez por todas, esas actitudes incivícas e irrespetuosas co medio ambiente e con todas aquelas persoas que cumpren o procedemento establecido. Advírtese, ademais, de que o concello adoptará as medidas oportunas no caso de identificar ás persoas responsables destes actos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive