19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Unha trintena de nenos e nenas participan nos obradoiros de educación socioemocional e de técnicas de estudo que programa o Concello de Cervo

06-12-18

Cervo, 6 de decembro de 2018.- Unha trintena de pequenos e pequenas participan nos obradoiros de motivación e reforzo que programa o Concello de Cervo, e que están dirixidos ao alumnado de primaria; nesta ocasión son cursos de educación socioemocional para os nenos e nenas de 1º a 3º de educación primaria-; e de técnicas de estudo, para o alumnado de 4º a 6º de primaria, e de 1º e 2º da ESO.

Os obradoiros, promovidos pola delegación de Educación, están impartidos na Casa da Cultura de San Cibrao pola Psicóloga Iria Díaz, co apoio de Sabela Blanco e de Sandra Capón, que están a realizar as prácticas do curso de monitor de tempo libre ao que asistiron no verán.

En concreto son o programa de Educación Socioemocional bautizado como “os contos de mochil” no que se traballa a autoestima, a resolución de conflitos, a empatía, a autonomía, a convivencia e abordaranse técnicas de autocontrol, entre outros aspectos.

Pola súa banda, no obradoiro de técnicas de estudo dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO, e de 4º e 8º de primaria, abórdanse diferentes estratexias de comprensión lectora, técnicas mnemotécnicas, traballase o resumo, o esquema e tamén se avalían as estratexias de estudo individuais; ademais de proporcionarlle aos nenos e nenas as ferramentas para a planificación e o desenvolvemento de hábitos de estudo e diferentes técnicas para a ampliación do campo visual.

O rexedor, Alfonso Villares, fixo fincapé en que estes obradoiros non foron concibidos como clases particulares de apoio nin moito menos; senón que por medio deles e da man de persoal cualificado “pretendemos brindarlle ao alumnado as ferramentas necesarias para contribuír a desenvolver as súas habilidades; algo que, directa ou indirectamente, tamén pode influír na mellora do seu rendemento escolar”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive