21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Consellería do Medio Rural colabora co Concello do Valadouro na prevención de incendios forestais financiando a compra dun tractor

11-01-19

Lugo, 11 de xaneiro de 2019.- O concello do Valadouro conta cun tractor para a prevención dos incendios forestais ao abeiro dun convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, polo que a Administración galega financia a nova dotación cunha achega de 85.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o municipio mariñán con motivo da adquisición desta maquinaria para a roza. Segundo explicou, o Goberno galego colabora así co concello tratando de facilitar os traballos de limpeza de matogueira no ámbito de competencias da entidade local.

O municipio do Valadouro foi un dos 19 de toda Galicia que asinou o ano pasado un acordo coa Consellería en virtude do cal a Xunta financia aos concellos a compra de cadanseu tractor con dous apeiros de roza, un de arrastre e outro de brazo. O IVE corresponde ás administracións municipais.
A través desta colaboración, a Consellería facilita aínda máis aos concellos o cumprimento das súas obrigas en canto a execución dos traballos de roza, que se intensifican na primavera e no verán, e o mantemento das vías municipais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive