21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aclaracións do CSIF de Burela

12-01-19

Burela 12-1-19. Podíamos ler este fin de semana a noticia nunha edición local na que se explicaba a escasez de membros nas plantillas de Policía Local na práctica totalidade de Concellos da Mariña Lucense, entre eles Ribadeo, Mondoñedo, Foz, Viveiro e Burela.

En Burela, según as palabras que recollía o medio, o seu Alcalde, o sr Alfredo Llano manifestaba que “ De momento só nos falta un axente, pero co cambio nas idades de xubilación nun par de anos pódense xubilar outras dúas persoas, polo que xa hai que ir mirando de atallar ese problema”. Dende o sindicato CSIF, con representación no Concello de Burela, móstranse sorprendidos por estas declaracións do rexedor local, sorpresa que se explica nos seguintes motivos;

Primeiro, o Decreto que desenrola a Ley de Coordinación de Policías Locais de Galicia establece que o número recomendado de axentes por cada 1000 habitantes é de 1,8, polo que o Concello de Burela debería contar con un número de axentes próximo ós 18, contando neste momento con tan so 9, a metade dos recomendados pola lexislación. Ademais, dos 9 axentes tan so 7 traballan íntegramente a turnos. Se a situación presentada xa é por si preocupante, esta aínda se incrementa mais cando os axentes son encomendados a realizar servicios de vixiancia e control con un so axente, sí, un so axente para as aproximadamente 10.000 veciños desta localidade ou, directamente, o Concello de Burela queda sin servicio de Seguridade e Vixiancia entre os seus veciños.

Segundo, o axente que o rexedor menciona que se xubiliou, fíxoo fai xa hai varios anos, non sendo cuberta a sua ausencia por parte do Goberno Local do Psoe en todo este tempo e mencionando xa daquela aquello de “vamos mirar de cubrir a plaza…”

Todo isto, revirte, como non, nos veciños e veciñas do Concello de Burela, que poden ver como en numerosas ocasións cando precisan dos servicios da Policía Local, xa sexa un problema de ruidos no seu domicilio, un accidente de circulación, vehículos mal estacionados que non lle permiten a entrada no seu domicilio, ou problemas tan graves como pode ser unha pelexa, se atopan que non hai servicio de Policía Local cando o necesitan e, por outra banda, eses 9 axentes dos que carece a Policía Local de Burela son 9 postos de traballo que o Goberno Local podería estar a ofertar e que, de seguro, poderían solventar o problema do desemprego nas 9 respectivas familias.

Os axentes levan a solicitar a aprobación dunha R.P.T ó Goberno Local dende o inicio da sua lexislatura, unha R.P.T na que figuren os postos que faltan, que non é un como di o sr Alcalde, senón 9, pero no canto desto, o Grupo de Goberno Local anunciou a bombo e platillo a contratación de un auxiliar de Policía, que non ten as competencias de un Axente da autoridade, mediante unha subvención da Xunta de Galicia por un tempo de 3 meses de duración.

A seguridade, nos tempos que corren, non é un tema como para dicir aquello de “vamos mirar de… “ e esperar 4 anos mais, se non de tomar decisións e actuar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive