25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Concerto solidario en Ribadeo

07-01-19

O pasado sábado, 5 de xaneiro, celebrouse en Ribadeo un concerto solidario de rock para apoiar a Darius, un neno ribadense de 8 anos de idade que padece atrofia muscular espiñal e polo tanto necesita axuda constante, moitos medicamentos e fisioterapia. Durante a actuación, que se celebrou na rúa San Francisco, recolléronse donativos e vendéronse calendarios por iniciativa da asociación de nais e pais A Faxarda, do CEIP Gregorio Sanz, e recadáronse un total de 1.319,22 euros.
O concerto solidario correu a cargo de cinco músicos ribadenses: Cherry, Fillo, Pablo, Prisco, Pablo e Róber.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive