21 de Xaneiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Entregados os premios do concurso de postais de Nadal de Xove

11-01-19

Xove, a 11 de xaneiro de 2.019. O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o concurso destinouse a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, houbo cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha concedéronse tres premios.
Unha das postais premiadas neste Concurso poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Dende o Concello preténdese potenciar a participación e creatividade dos rapaces.
Os/as premiados/as no Concurso, foron:
Categoría Infantil(3, 4 e 5 anos):
1º : (Nº 78 ) GABRIEL MIRAMONTES ATARES.
2º : (Nº 75) EVA CANCELA TRASTOY.
3º : (Nº 5) DAVID BURGOS PELOCHE.
Categoría 1º e 2º de Primaria:
1º : (Nº 17) DANIELA CASABELLA ÁLVAREZ.
2º : (Nº 13) XOEL PERNAS RODRÍGUEZ.
3º : (Nº 32) BLANCA CASARIEGO MARIÑO.
Categoría 3º e 4º de Primaria:
1º : (Nº 96) UXÍA GRADAILLE DURÁN.
2º : (Nº 74) BERTA BARRO ÁLVAREZ.
3º : (Nº 51) CARLA CASABELLA PUÑAL.
Categoría 5º e 6º de Primaria:
1º : (Nº 91) ENMA BUJÁN ROUCO.
2º : (Nº 65) DIANA MASEDA RIVAS.
3º : (Nº 33) NOAH POSADA DUARTE.
Categoría 1º a 4 º de ESO:
1º : (Nº 14) IKER COSTA GONZÁLEZ.
2º : (Nº 97) SOUKAINA ADOUROU.
3º : (Nº 66) XENXO SALGUEIRO FRANCO.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive