25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Nito estrea o ano coa selección española

03-01-19

Burela 3-1-19. O xuvenil burelista Néstor Valle, Nito, estreará 2019 cun novo chamamento da Selección Española. A Xoia Laranxa entrou na lista de Sub-19 para a concentración prevista entre o 13 e o 17 de xaneiro con motivo de dous compromisos fronte a Serbia na cidade de Gornji Milanovac (días 15 e 16).

Xunto a Nito, outros 13 xogadores conformarán a expedición de Albert Canillas, convocados para o 13 de xaneiro para poñer rumbo ao destino balcánico.

CONVOCATORIA

Porteiros
Adrián Pereira Oliveros – Sala 10 Zaragoza
Jesús Álvaro Recio Lara – AD Alcorcón FS

Peches
Antonio Pérez Ortega – Jaén FS
Néstor Valle Gómez- Pescados Rubén Burela FS
Ricardo Mayor Gonzalvez – Aljucer-ElPozo Murcia

Alas
Cristian Molina Pardo – Ciudad de Móstoles
Ignacio Torres Salazar – Aljucer-ElPozo Murcia
Alberto Miras Neira – Santiago Futsal
Alejandro Ceron Albert – FC Barcelona
David Peña Romero – FC Barcelona
Adrián Rivera González – Leganés FS

Pivotes
Manuel Cebrián Romero – Las Rozas Boadilla
Adrián Rodríguez Mosteirín – Santiago Futsal
Bernat Povill Cerdeira – FC Barcelona

Rivalidade de seleccións, entre Peque e Jenny

O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS non será o único da Familia Laranxa en estrear o ano con compromisos internacionais. Tenerife será o escenario que presenciará a rivalidade de seleccións entre as burelistas Peque e Jenny, defendendo a España e Portugal, respectivamente. O primeiro encontro terá lugar o día 8 ás 20:30 en Los Realejos, mentres que o segundo amigable se celebrará en Granadilla a partir das 20:30 o día 9.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive