19 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno inviste outros 2,22 millóns de euros na mellora das estradas da provincia de Lugo

11-01-19

Barreiros, 11 de xaneiro de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou esta mañá que “os feitos demostran a aposta do Executivo de Pedro Sánchez pola provincia de Lugo ”. Isabel Rodríguez fixo estas declaracións nunha visita que efectuou ao concello de Barreiros para supervisar as obras que está a levar a cabo o Ministerio de Fomento para a mellora da estrada N-634.

A subdelegada manifestou tamén que “cando falamos da aposta deste Goberno pola provincia facémolo co aval das obras e con esta nova actuación demostramos o serio compromiso deste Goberno coa mellora das infraestruras de Lugo, logo de tantos anos de abandono polo anterior Executivo”.

Isabel Rodríguez inspeccionou a marcha dos traballos asegurou que A subdelegada, acompañada polo xefe e técnicos da Unidade de Estradas de Fomento na provincia de Lugo inspeccionou a marcha dos traballos que comezaron este mércores na devandita estrada N-634 ao seu paso polo municipio de Barreiros

A subdelegada explicou que “actuaremos en catro vías que son moi importantes para a nosa provincia, con estas obras tratamos de mellorar as comunicación de Lugo e tamén facemos un esforzo para aumentar a seguridade dos automobilistas”.

Dentro do seu programa de actuacións para mellorar o estado do firme da rede de estradas do Estado na provincia de Lugo, o Ministerio de Fomento está a realizar obras de reparación do firme na N-634 no treito comprendido entre p.k. 572+280 e o p.k.611+610.

Estes traballos, que suporán un investimento de 2,2 millóns de euros, forman parte das actuacións programadas polo Goberno de Pedro Sánchez para mellorar as comunicación da provincia de Lugo. Ademais da N-634, Fomento tamén realizará melloras no firme da N-VI, a N-120 e a N-540. Os traballos prolongaránse durante catro meses.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive