21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Potenciar as xestións informatizadas no Concello, outro dos incumprimentos de Fernando Suárez”, por Daniel Vega

31-01-19

No programa electoral do señor Fernando Suárez para as eleccións municipais de 2015 vese que é fácil esixir a outras administracións e tamén repetir medidas do programa do 2011 que no 2019 seguen sen facerse. Non sabemos se porque son irrealizables ou porque non saben realizalas; de calquera das formas deberían caer do papel para que os que os lean non se sintan tratados como parvos que campaña tras campaña len as mesmas propostas e seguen á espera de velas feitas.
Ían facer un Portelo Único para Asturias, pero quedou só nun anuncio propagandístico máis.
Potenciar as xestións de maneira informatizada. Non falemos porque nin sequera podemos pedir un xustificante de estar empadroados en Ribadeo!
Seica habilitaron un servizo de comunicación inmediata para poder avisar de incidencias. onde está? E se o hai a quen avisa? Informouse á cidadanía deste servizo?
As asociacións seguen a ter os mesmos lugares de reunión que tiñan e iso que, ademais de facer un estudo da dispoñibilidade dos edificios públicos (que isto igual o fixeron), ían dotar de máis dependencias para o asociacionismo de base, colectivos que ademais continúan sen cobrar as subvencións do Concello. Fáltanos de ver tamén o Regulamento de Participación cidadá e o orzamento para levar a cabo de maneira axeitada esta participación.
Os centros escolares ían ter folletos informativos, visitas guiadas, … para saber como está organizado o concello. E todo se queda nunha foto co señor Suárez porque non hai nada diso prometido. Deixémonos de saír nas fotos e preparemos unidades didácticas axeitadas a cada nivel!
O edificio da residencia da terceira idade xa aparecía nos folletos do programa do 2015 e segue sen abrir, pero xa sabemos que non é cousa súa. Os problemas sempre os xeran outras administracións e vostedes soluciónanos; esixindo, claro!
A demagoxia está moi presente no seu programa. Falan de manter os servizos de axuda no fogar, xantar na casa, teleasistencia, reparto de alimentos, cursos de capacitación telemática para persoas maiores, préstamo de material ortoprotésico, banco de libros de texto,… Só faltaría que non os mantiveran cando vostedes son os canalizadores dun servizo que presta a Xunta de Galicia, a Deputación ou outras entidades como Cruz Vermella.
Daniel Vega (candidato do PP á Alcaldía de Ribadeo)

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive