25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Tres puntos nunha cita frenética para seguir no cume

12-01-19

Burela 12-1-19. O Pescados Rubén Burela FS estreou o ano cunha nova vitoria que mantén as Guerreiras Laranxas no liderado logo dunha cita frenética na pista do UA Alicante (3-5). Tras o equilibrio no marcador ao descanso de 1-1, o segundo período ofreceu máis ritmo e ocasións en ambas as filas, con grande acerto da coruñesa Luci, autora de 4 dos 5 tantos mariñáns.

Luci rubricou a primeira alegría da tarde, xa no minuto 4, asistida por Dany. As chegadas nos compases iniciais foran da UA, que empatou no minuto 6, finalizando Carmen unha xogada de Elena. Resistíronse ambas as redes ata o descanso; o pau evitou o segundo das locais, no 14, con Ángela; as filas mariñás dispuxeron dun dobre penalti, no 13, que se marchou desviado.

Regresaron con perigo as de Burela. Buscou Dany a Luci nos primeiros compases; a 3 laranxa volveu probar sobre a meta alacantina pouco despois. Con todo, a expulsión directa de Jozi no minuto 23 deulles a oportunidade ás locais e non erraron; Ángela subiu o 2-1 ao segundo pau en xogada de estratexia de Lara Terrés. Aumentaron a presión as galegas na busca da remontada cunha boa resposta local. As de Julio Delgado e Lucas recuperaron o empate no electrónico no 28, de novo con Luci, tras unha xogada pola banda de Jenny. Coa meta alacantina expulsada, a xogadora coruñesa selou o seu hattrick no 30 aproveitando un balón morto na área. Pouco durou a alegría da vantaxe; en menos dun minuto Lara Terrés puxo o 3-3 desde saque de esquina. Nunha tarde incomensurable, Luci volveu darlles tranquilidade ás laranxas, co 3-4 non minuto 35, que se reforzou cun lanzamento que meteu Carmen en propia segundos despois, a tentativa de Cilene. Reaccionaron as alacantinas con xogo de cinco nestes cinco últimos minutos, se éxito.

Ficha técnica

UA Alicante FSF: Jennifer, Ana, Carmen, Lara Terrés, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Melli, Elena, Mónica, Patri, Elena G.

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Cristina, Cilene, Lara Balseiro, Alves, Jozi

Goles: 0-1, minuto 4, Luci; 1-1, minuto 6, Carmen; 2-1, minuto 23, Ángela; 2-2, minuto 28, Luci; 2-3, minuto 30, Luci; 3-3, minuto 31, Lara Terrés; 3-4, minuto 35, Luci; 3-5, minuto 35, Carmen (p.p.).

Árbitros: Estévez Pérez // Rodríguez Morales. Por Alicante amarela a Ángela Mingot (minuto 19), Patri (27), Jenny (dobre 28). Por Burela vermella a Jozi (minuto 23)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Universidade de Alacante.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive