17 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación mellora 54 quilómetros de 23 estradas en 9 Concellos con outros 2,2 millóns

08-02-19

Lugo, 8 de febreiro de 2019. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a aprobación en Xunta de Goberno de obras de mellora en 54 quilómetros de 23 estradas provinciais, que discorren por 9 Concellos, cun investimento da Deputación de outros 2,2 millóns.

Santos Ramos informou que se está a actuar en estradas provinciais dos 67 Concellos de Lugo e que a provincia de Lugo conta coa rede viaria provincia máis extensa de España, con 4.300 quilómetros. Nesta liña, destacou que o Goberno leva feito un esforzo inversor de 45 millóns de euros e apuntou que “somos conscientes que aínda queda moito por facer”. De feito, para poder acondicionar tan só o firme de toda a rede, sería preciso investir uns de 300 millóns de euros. Para a renovación integral faría falta como mínimo o orzamento completo da Deputación de 10 anos.

Con todo, o traballo que está a realizar o Goberno da Deputación permitirá pasar dos 700 quilómetros de aglomerado en quente que había na rede viaria provincial no 2015, ao inicio deste mandato; aos 2.200 quilómetros este mesmo ano.

Do total de fondos, adxudicáronse obras de 1,7 millóns para rehabilitar 44 quilómetros de 18 vías en 7 municipios: Begonte, Sober, Ourol, Outeiro de Rei, Muras, Samos e Portomarín.
– En Begonte: 2,8 quilómetros da estrada LU-P-0801, que vai dende a N-IV en Begonte, a Veigas de Baltar.
– En Sober: 2,4 quilómetros de dúas estradas da LU-P-5903, estrada para acceder aos principais miradoiros do Canón do Sil e LU-P-3201, enlace entre Sober e Monforte de Lemos
– En Ourol: 12 quilómetros de 5 estradas provincias. Son a LU-P-3801, que vai de Ourol Ás Lobeiras polo Carmen; LU-P-3802, que vai de Ourol á Igrexa; LU-P-6602, de Ruanova por Sixto a Muras; LU-P-3807, de Bravos por Foxo a San Pantaleón, e LU-P-3803, da Ponte Torta á Cruz das Leiras.
– En Outeiro de Rei: 6,2 quilómetros de 2 estradas: LU-P-1109, que vai de Dumpon, por Cornide a Arcos, e LU-P-3907, que vai de Arcos ao Ceao, en Lugo, por Vilar.
– En Muras: 12 quilómetros de 4 vías provinciais: LU-P-3401, que vai de Aguias a Igrexa do Burgo; LU-P-3404, de Casateita pola Escola de Paio, LU-P-3406, de Picheira por Irixoa á Balsa, e LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavin
– En Samos: 5 quilómetros de 2 estradas provincias: LU-P-5601, que vai de Samos ao Courel; e LU-P-5603 de Aira Padrón a Praducelo e a Ponte Louzara
– En Portomarín: 2,5 quilómetros de 2 estradas provincias: LU-P-4906, que vai de Sabadelle a Villarbacin e LU-P-4910, que vai ata o clube náutico.

Por outra banda iniciouse o proceso de contratación de melloras en 10 quilómetros de 5 estradas provinciais en Cervantes e Vilalba por valor de 500.000 euros.

– En Cervantes: 4 quilómetros de 2 estradas: LU-P-1402, que vai de San Martiño por Quindous a Vilaquinte, e LU-P-1408, que vai de Fonquente a Noceda.
– En Vilalba: 300.000 euros para 6 quilómetros de 3 estradas: LU-P-6505 de Martiñán a Corvelle; LU-P-6513 de Vilalba a Momán; e LU-P- 6517 de Mourence á Igrexa Mourence.

Tamén se aprobaron os plan de seguridade e saúde no traballo que permiten iniciar nos vindeiros días melloras noutras 7 estradas provinciais en Abadín, Xermade e Baleira.

– En Abadín: 3 quilómetros da LU-P-0107, de Abadín a Fanoi.
– En Xermade: 7,3 quilómetros de 3 estradas: LU-P-2201, de Candamil por Xermade a Pedrón; LU-P-2202, de Pedreira a Casanova; e LU-P-2206, de Roupar por Lousada a Vilapedre.
– En Baleira: 5 quilómetros de 3 estradas: LU-P-4604, de Caraño á Braña, LU-P-5401, de Boel por Martín á Muíña, e LU-P-4606 de Martín a Crende. Serve tamén de nexo entre Pol e Baleira e beneficiará directamente a máis dun cento de veciño que viven na zona.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive