21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, pasou nas últimas horas por Ribadeo e visitou a Casa das Algas, sede do Club de Remo local. Estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e polo presidente da entidade ribadense, Miguel Balsa

12-02-19

Loriente valorou de xeito positivo como están quedando os vestiarios que se están a construír na Casa das Algas. As obras deron comezo o pasado de mes de outubro e nas mesmas o Concello está a investir de fondos propios 50.000 euros. David Rivas explicou que “os traballos marchan ben. Estamos pendentes, entre outras, cousas de colocar os bancos e as perchas”. E engadiu que “a Asunción Loriente gustáronlle as instalacións”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive