23 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Alumn@s do Colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, realizan actividades cos maiores na residencia e no centro de día ribadenses

12-02-19

Ribadeo, 12 de febreiro de 2019. O alumnado de 6º curso de Primaria, do colexio ribadense Sagrado Corazón, acode os primeiros venres de cada mes á residencia de maiores e ó centro de día de Ribadeo. Alí acompañan ós usuarios levando a cabo distintas actividades: lectura de contos compartida, narración de historias e experiencias vividas do pasado, adiviñas, xogos, e sobre todo intercambio de anécdotas e conversa cos maiores. Nalgunhas das visitas do terceiro trimestre os nenos actuarán cantando distintas pezas tradicionais e representando unha pequena obra de teatro.
A dirección do colexio Sagrado Corazón explica que “esta é unha actividade interxeracional que une a persoas que aparentemente non teñen nada en común, pero que os pícaros valoran moi positivamente.
Esta actividade englóbase dentro do APS (aprendizaxe servizo) levado acabo no centro en distintos niveis, para que poidas aprender e servir á comunidade ó mesmo tempo. Con este tipo de iniciativas, os alumnos afianzan unha serie de valores (empatía, xenerosidade, …) e actitudes que lles permiten desenvolver certas competencias como o traballo en equipo, a asunción de responsabilidades, a comunicación eficaz, etcétera, que son necesarias para a súa formación integral”.

 

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive