21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aprobada a moción da Plataforma Sanitaria que defende a pediatría da comarca, nos Concellos de Cervo e Burela

11-02-19

A Mariña 8 de febreiro de 2019. A Moción da Plataforma que se está a debater en todos os Concellos da Mariña, en defensa dun servizo de pediatría de calidade, levouse onte aos plenos de Cervo e Burela.
En Cervo o grupo de goberno presentou unha enmenda de substitución que foi rexeitada polo colectivo, ao que o grupo municipal do Bng cedeu o seu primeiro turno de palabra co visto e prace do resto de grupos e a alcaldía. A Plataforma rexeitou esta enmenda, non polo contido senon pola forma, ao entender que supoñía unha falta de respecto a todos os colectivos que conforman esta plataforma e @s veciñ@s da comarca. O mesmo entendeu o grupo municipal do PSOE- PSdeG, razóns que obrigaron ao goberno de Cervo a retirala como enmenda e presentala posteriormente como moción de urxencia, polo impacto que poidera ter para a sociedade mariñá non respectar a moción dun colectivo plural. A moción da Plataforma foi aprobada coa abstención do Partido Polular. Desde este colectivo agradecemos a todos os grupos este xesto e agardamos que prospere tamén no ámbito supramunicipal.
Posteriormente debateuse a moción de urxencia do Partido Popular, que foi aprobada por unanimidade, nun xesto que honra á oposición.
No pleno de Burela o Partido Popular presentou tamén similar enmenda de substitución. Ao igual que en Cervo, o grupo municipal do Bng cedeu o seu primeiro turno de palabra a Adolfo Corral, activista do colectivo sanitario, que fixo unha brillante defensa da mesma. Tras este turno, aceptado por todos os grupos da Corporación Municipal, pasouse a votar a aprobación da enmenda do PP, que saiu rexeitada, co cal quedou aprobada automáticamente a moción da Plataforma Sanitaria. Os nosos parabéns e agradecemento aos grupos do PSOE-PSdeG e BNG pola solidariedade e sensibilidade amosada. Respecto ao grupo municipal do PP non podemos darlle os parabéns, máis tampouco reprobar a súa actitude, xa que non manifestaron o sentido do seu voto ao aprobarse automáticamente a nosa moción.
Segundo a opinión de diversos integrantes do colectivo “estamos a ver un cambio no modus operandi do Partido Popular que, debido ao comportamento que tiveron nos outros concellos onde se debateu, mesmo co voto favorable do PP en moitos deles, idea esta estratexia para evitar que as súas concelleiras e concelleiros rompan a liña ideolóxica do partido e se eviten os lóxicos dilemas éticos que suporía o rexeitamento da moción en defensa da pediatría na comarca.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive