17 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Campionatos de San Xoán Bosco 2019

08-02-19

Burela 8-2-19. Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron na tarde do pasado luns 4 de febreiro.

Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas modalidades que se ofertaban:

Individuais: 4 en liña, Damas e xadrez;
Grupos: Baloncesto e fútbol sala.

As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 5 de febreiro pola tarde.
Da organización e coordinación dos Campionatos encargouse un grupo de alumnos de 4º de ESO.
Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:

4 en liña: Kemer (2º ESO B) e Ádila (1º ESO A)
Damas: Simón (1º ESO A)
Xadrez: Raúl (1º ESO A)
Baloncesto: Equipo de 2º ESO B (Noa, Ainhoa, Jessica, Noemie, Nico, Ainhoa Mía, Diego, Alex, Fernándo, Nuria, Kemer, Mateo)
Fútbol Sala: Equipo 2º ESO B (Dámaris, Nico, Diego, Sar, Mateo, Alex, Fernándo, Kemer)

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive