Foz 22-2-19. “Precisamos unha seria innovación no plantexamento empresarial en Foz, o concello ten que ser un actor máis na búsquea de oportunidades e ofrecendo una oferta atractiva ás empresas” dixo Damián Sánchez, candidato de CxG
Vimos asistindo a catro anos de obras en rúas e mantemento malo do que temos en Foz, o alcalde conservador non activou os mecanismos ó seu alcance para atraer inversión empresarial e fomentar o emprego. Dende CxG entendemos que potenciar o turismo e coidar as rúas non é unha política efectiva. Foz precisa asentamento empresaria e temos un polígono efectivo para iso.
“Dende o Concello, CxG impulsará unha oficina pública en colaboración coa universidade galega e coas organizacións de negocios dos polos empresariais de todo o Estado para traer inversión” manifestou o candidato Damián Sánchez.
A oficina de carácter público contara con cando menos tres persoas a tempo completo e disporá dun catalogo de chan industrial e bens de inversión e recursos do noso Concello. Dende CxG apostamos por medidas concretas que fagan medrar a Foz.