22 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dous alumnos do IES de Foz clasificáronse para a final do concurso culinario Cocina Con Quescrem, que se celebrará en Pontevedra o 7 de marzo

12-02-19

Foz, 12 de febreiro 2019. Dous alumnos do IES de Foz, Francisco Yáñez Iglesias e Adrián Yáñez Guerreiro, participaron a semana pasada na semifinal do concurso culinario Cocina con Quescrem, que se celebrou en Santiago, concretamente no CIFP Compostela. Os estudantes do IES focense, aos que acompañou a profesora de Cociña do centro Ana María Martínez Arruñada, foron os gañadores e clasificáronse para a final, que terá lugar o 7 de marzo en Pontevedra.
 
O certame Cocina con Quescrem naceu no ano 2015 e busca incentivar o talento colaborativo e a innovación nas escolas de hostalería. Nesta cuarta edición participan 22 centros pertencentes a catro comunidades autónomas: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive