17 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Elena Candia promociona Mondoñedo como final de etapa do Camiño Norte entre os participantes na FAMTRIP

08-02-19

Mondoñedo, 8 de febreiro de 2019 . A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, recibiu hoxe aos 16 expertos en turismo, xornalistas e representantes nacionais e internacionais de axencias especializadas que están a coñecer o Camiño Norte a través do FAMTRIP promovido pola Deputación de Lugo.

No encontro, a rexedora aproveitou para promocionar Mondoñedo como final de etapa do Camiño Norte a Santiago poñendo en valor o potencial turístico da cidade e a unión entre as dúas catedrais do Camiño Norte, desde Mondoñedo a Santiago de Compostela.

Elena Candia explicou que “a cidade incrementou os servizos para os peregrinos”. De feito, a alcaldesa fixo entrega de varias guías con información sobre os albergues e outros locais de hospedaxe; así coma dos restantes establecementos hostaleiros de Mondoñedo.

Desde o Goberno local tratan de posicionar a cidade como final de etapa do Camiño Norte, polo que hoxe estes profesionais do turismo percorreron pola mañá 2 quilómetros do tramo de entrada do Camiño Norte en Mondoñedo. Realizaron ademais unha visita guiada pola cidade para coñecer o patrimonio histórico-artístico do seu casco antigo e da súa Catedral. Despois desprazáronse ata o Centro de Interpretación do Camiño e o Barrio Artesán dos Muíños. Pola tarde tiñan previsto percorrer outros 2 quilómetros do Camiño do Norte, o tramo Castromaior–Martiñán.

Presenza no III Fórum do Camiño de Santiago
Con este obxectivo avanzou ademais que o Concello participará de novo, entre os días 10 e 12 de febreiro no III Fórum do Camiño de Santiago ‘Farway’ que se desenvolverá no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago.

Alí agarda ter contactos con axencias, touroperadores, xunto a outros actores do sector turístico, “o que se converte nunha base fundamental para promocionar os nosos recursos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive