21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este venres, terá lugar o sorteo das 19 ceas que Acisa por en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. As afortunadas e afortunados disfrutarán destes agasallos o día 16

11-02-19

Ribadeo, 11 de febreiro de 2019. O 15 de febreiro, este venres, terá lugar o sorteo das 19 ceas que Acisa por en xogo dentro da súa campaña de San Valentín. As afortunadas e afortunados disfrutarán destes agasallos o día 16.
As persoas que realicen as súas compras ata o 14 deste mes nos establecementos asociados a Acisa recibe papeletas para cubrir cos seus datos e un número de teléfono de contacto. Deste xeito entrarán no sorteo das 19 ceas que terá lugar o vindeiro venres. As ceas sortearanse individualmente e os premios non son acumulativos. Ningunha cea quedará deserta e o listado de premiad@s farase público o mesmo día 15. Os/as premiados/as deberán pasar polas oficinas de Acisa Ribadeo o mesmo venres, antes das 20:00 horas, na rúa Viejo Pancho, 13-baixo, para recoller o vale que lles permitirá disfrutar deste romántico agasallo.
As gañadoras e gañadoras poderán gozar das ceas o 16 de febreiro nos restaurantes doadores que son: Asador A Quinta, Parador de Turismo de Ribadeo, San Miguel, O Cabazo, Marinero, A Dorada do Cantábrico, O Lar de Manolo, O Tumbín, Hotel Restaurante Javier Montero, La Villa, Cayo Coco, Porta Norte, Costa Verde, La Lira, La Solana, Bar Galicia, El Rincón del Gordo e Galipizza. Éste último local ofrecerá dúas ceas.
Desde a directiva de Acisa animan “a seguir mercando no comercio local, no que temos a carón das nosas casas, porque van atopar todo o que precisan para sorprender ás súas parellas. E ademais haberá 19 afortunadas ou afortunados que poderán cear gratis, xunto aos seus acompañantes, grazas ás ceas que nos ceden varios restaurantes de Ribadeo, que son asociados nosos”. E engaden: “queremos agradecerlles a eses locais a súa xenerosidade para participar na campaña de San Valentín 2019 e desexámoslle moita sorte a todos e todas as que estes días compren no comercio de Ribadeo”.

VIII Gala de Acisa
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ultima os preparativos da VIII Gala que terá lugar o 22 de febreiro a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo. As tarxetas para acudir a este evento xa se poden adquirir nas oficinas da asociación, sitas na rúa Viejo Pancho, 13-baixo, e tamén en Gráficas Ribadeo, na rúa San Roque, 30. O prezo é de 30 euros.

No evento renderase homenaxe a Carmen Valdés, Ramona Reigosa, José Luis Botana e Ramón Leivas, catro empresarios ribadenses que se xubilaron nos últimos meses. Acisa recoñecerá “a súa longa traxectoria como comerciantes, autónomos e hostaleiros nos seus negocios, nos que pasaron unha vida de servizo atendendo á súa fiel clientela. Foron socios destacados e pertenceron durante moitos anos a Acisa Ribadeo, de aí que queremos renderlles esta sentida homenaxe neste momento”.

Desde a directiva de Acisa subliñan que “a nosa Gala está aberta a todas aquelas persoas que nos queiran acompañar aos empresarios e empresarias de Ribadeo esa noite e a todos os que desexen estar a carón das homenaxeadas e homenaxeados deste 2019”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive