21 de Febreiro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Javier Teijeiro e Valentín Mera incorporaranse como concelleiros do PP en Viveiro

09-02-19

Viveiro 9 de febreiro, 2019. Javier Teijeiro López e Valentín Mera Sánchez incorporaranse como concelleiros do Grupo Municipal Popular no Concello de Viveiro. Así o daba a coñecer o presidente da xestora local do Partido Popular, Jaime de Olano, desexándolles “sorte no desenvolvemento deste novo labor como representantes dos viveirenses na Corporación Municipal”.

Os novos edís do PP entrarán a formar parte do Pleno do Concello de Viveiro en substitución de Antonio Bouza e Cristina Goás que renunciaron ás súas actas e aos que Olano quixo agradecer “o seu bo labor no Grupo Municipal do Partido Popular e a súa dedicación ao servizo dos intereses de tódolos viveirenses”.

Grupo Municipal Popular de Viveiro
Ao Grupo Municipal Popular de Viveiro do que xa forman parte os edís Jaime de Olano, Celestino García e Antonio Lage-Seara sumaranse Javier Teijeiro e Valentín Mera trala toma de posesión da súa correspondente acta no vindeiro Pleno da Corporación de Viveiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive