17 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O artista Juan Puchades dona ao Museo Provincial bosquexos de “Mariñeiros na Brega”

09-02-19

Lugo, 9 de febreiro de 2019. O Deputada de Cultura, Pilar García Porto, avanzou que o artista Juan Puchades, afincado en Mondoñedo, realizou unha doazón, para os fondos do Museo Provincial, de tres pequenos bosquexos realizados no ano 1974 para a realización da estatua Mariñeiros na Brega, que pode verse no Museo Provincial. Esta peza amosa unha representación de dous mariñeiros tirando dun cabo que suxeita a proa dunha embarcación. A peza feita en ferro e rematada en 1975, acadou o 1º Premio no Concurso-Exposición Bimilenario de Lugo, e foi unha doazón do Patronato ao Museo Provincial de Lugo.

García Porto agradeceu a Puchades a doazón realizada aos fondos do Museo Provincial. “A obra Mariñeiros na Brega é un claro exemplo da grandiosidade do traballo de Juan Puchades, que a día de hoxe sigue vivente. Por iso a doazón destes bosquexos contribúen a poñer en valor, máis se cabe, a obra deste artista singular”, sinalou.

Pezas doadas
– Debuxo/bosquexo (anverso e reverso) da obra “Mariñeiros da Brega, 1974”. Tinta/papel. 32,5 x 22,5 cm. S/D
– Debuxo/bosquexo da obra “Mariñeiros da Brega, 1974”. Tinta, grafito,papel. 31,3 x 21,3 cm. S/D
– Debuxo/bosquexo da obra “Mariñeiros da Brega, 1974”. Tinta, acuarela,papel. 30 x 21,2 cm. S/D

PUCHADES
O Museo Provincial ven de clausurar a exposición “Modelando vidas” deste autor valenciano, afincado en Mondoñedo, coa que se fixo un percorrido antolóxico pola obra deste artista. Ademais, o Goberno da Deputación editou un catalogo coas pezas que se exhibiron durante estes días no Museo. Juan Bautista Puchades Quilis, escultor e docente, naceu en Valencia o 16 de marzo de 1934. Estudou Belas Artes na Escola Superior de San Carlos da súa cidade natal -onde se especializou en escultura- e, dende 1970, é catedrático de Debuxo no ensino medio. En 1960, tras aprobar as oposicións, trasladouse a Mondoñedo para exercer como profesor no Instituto San Rosendo. E un artista que traballa a madeira, o bronce, a pedra e o ferro. Ademais, ten unha obra na exposición permanente do Museo Provincial de Lugo e en distintas coleccións públicas e privadas de España, Suíza, Portugal, Francia ou Arxentina. Pertenceu a distintos colectivos como Los Urogallos, Escultores Gallegos, grupo artístico e cultural O Feitizo, do que foi un dos seus fundadores, e ao grupo de Artistas Plásticos Lucenses.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive